O Circo de Artesáns, Ateneo de Galiza

Milleiros de coruñeses e coruñesas foron socios desta Sociedade conservándoa con orgullo e coidado até os nosos días e converténdoa na entidade deste tipo máis antiga de Galiza. Manuel Murguía, Emilia Pardo Bazán, Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Castelao, Vicente Risco ou Sofía Casanova foron só algunhas das persoas que atravesaron as portas. No seu interior, relevantes conferencias, célebres concertos e importantes reunións enriqueceron o xa de por si vibrante ambiente intelectual coruñés.

A través do documental ‘O Circo de artesáns, o ateneo de Galiza‘, realizado por Nós Televisión para o Circo de Artesáns, volvemos a percorrer os seus corredores para palpar os case dous séculos de historia e un legado que esplandece con luz propia.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego