Cincuenta anos da estrea do Grândola en Compostela

O 10 de maio de 1972, o Zeca tocou por vez primeira o Grândola en Compostela. José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos fai parte da nosa historia e así o conta o documentario ‘Zeca 1972 Galiza’, unha produción de Nós Televisión que non tería sido posíbel sen Xarda Cooperativa Galega de Comunicación e a Associaçom José Afonso Galiza.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego