Canto sabemos dos lugares nos que habitamos? Traémosvos unha selección de cinco pezas que nos poden axudar a descubrir novos sitios ou a ver con outros ollos algúns xa coñecidos.
As dúas primeiras pezas que vos ofrecemos foron realizadas na provincia de Lugo. A primeira parada fixémola nos Ancares onde descubrimos a forza dos soutos para soster unha comunidade activa e viva.
Subimos pola provincia lucense cara a serra do Xistral onde atopamos unha paisaxe chea de vida. Alí, aprendimos a diferenciar os hábitats e a coidar cada un deles.
Xa na provincia da Coruña, a equipa de Nós Televisión visitou Compostela para fixar a súa atención no seu patrimonio rupestre, un aspecto que poucas veces é mencionado.
Outro dos temas que aínda non se abordaron o suficiente son os modelos urbanísticos das nosas cidades. Nesa liña, podemos atopar a reportaxe realizada sobre o barrio de Conxo, en Compostela, ou o barrio coruñés da Agra do Orzán.
Por último, traémosvos unha visita obrigada para todas as amantes da cultura galega. A Casa Rosalía de Castro, en Padrón.