A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) vén de destacar neste mes de abril á autora Cilha Lourenço Módia, doutora em Filologia Galego-Portuguesa pola Universidade da Coruña onde actualmente traballa como profesora.
Lourenço dispón de monografías publicadas como ‘Teatro Circo na configuración do Teatro Independente Galega (1967-1978)’ e ‘Teatro Circo. Tres textos’. Tamén é coautora de ‘O ideario teatral das Irmandades da Fala. Estudio e anroloxía’ e ‘Talía na Crónica de Nós. Dez anos de teatro galego (1990-1999)’. Dende a linguística, é coautora de ‘Gramática Práctica da Lingua Galega. Comunicación e Expresión’.
Ademais de escritora, traballou como actriz no teatro do Alvardán, no clube teatral Elsinor e na Compañía Teatral Casahamlet onde foi profesora. Sen dúbida, unha muller talentosa que nutre as nosas letras galegas.