Como se está aplicando a Intelixencia Artificial na análise de datos cardíacos? De quen é a auga? Para dar resposta a preguntas relacionadas coa cultura científica, tecnolóxica e innovación xorde unha serie de podcast impulsado pola UCC+i da Universidade de Vigo dentro do seu Plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta”.
Cos podcast, que podes escoitar aquí, poñen en valor o labor investigador da universidade, emais tamén establecen unha canle de comunicación accesible e activa entre a institución e a cidadanía.