Chegan os #SábadosNósTv con estreas simultáneas no 119 de R e na nosa canle de YouTube

A equipa de Nós Televisión non sabe quedar quieta e por iso, cada día, argalla un xeito máis de achegar os mellores contidos do audiovisual galego ás súas seguidoras e seguidores.  Neste 2021, os #SábadosNósTV chegan para quedar.

Un contido de estrea cada sábado ás 12 horas

Ás 12 horas estrearemos un novo contido de Nós Televisión na nosa canle de YouTube. Na nosa canle atoparedes unha comunidade YouTubeira activa que comenta nos contidos abrindo debates e participando de fondas reflexións culturais e lingüísticas.

‘Saúde e Terra’, estrea simultánea ás 21 horas

Outro formato que chega para quedar é a do programa ‘Saúde e Terra. Voces da cultura galega‘ que se emitirá simultáneamente na nosa canle de televisión, o 119 de R, e na nosa canle de YouTube.

Nós Televisión, a televisión que sementa futuro. 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego