O Museo de Lugo acolle a exposición ‘CONtornos’, con 72 pezas elaboradas por artesáns do torneado con distintas técnicas e madeiras, e cunha grande variedade de acabados, que extenden os límites deste oficio artesán tan lonxe como chegue a imaxinación do torneiro.
A mostra é unha escolma das máis de 600 pezas que se expuxeron o pasado mes de setembro no XXIII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira de Xermade. A organización deste evento organiza cada ano unha exposición que leva por diferentes espazos culturais de Galiza.
A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro asistiu á inauguración da mostra que poderá verse na última planta do Museo de Lugo ata o vindeiro 15 de xuño.