Chantada celebra esta fin de semana a súa 43ª Festa do Viño

Chantada celebra esta fin de semana, do 6 ao 8 de marzo, a 43 edición da Feira do Viño, cun programa no que haberá propostas para todos os públicos, xa que á tradicional degustación dos viños participantes na feira, súmase música en directo e actividades para o público familiar xeral e para os profesionais do sector.

Aquí podes consultar o programa completo da Feira do Viño de Chantada 2026:

Venres, 6 de marzo
20:00h. Apertura de stands das adegas participantes.
20:30h. Agrupación Tradicional da Casa da Música.
23:30h. Grupo Asia.
Peche de stands: 2:30 h.

Sábado, 7 de marzo
10:00h. Cata oficial da XLIII Feria do Viño de Chantada.
11:30h. “Searas” “Os Barrios”.
15:00h. Concerto da Banda de Música de Chantada.
17:00h. Charanga “Union Phenosa” / “Charanga” Louband.
12:00 a 14:00 h. / 17:00 a 19:00 h. X Cata Popular no Auditorio.
De 21:30 h. a 05:30 h.
Orquesta Compostela.
Orquesta Solara.
Peche de stands: 3:30 h.

Domingo, 8 de marzo
11:30h. “Agrupación Castro Candaz”.
12:00h. Charanga “NBA”.
12:30h. Banda de Gaitas do Concello de Chantada.
12:50h. Lectura do Manifiesto 8M.
13:00h. Pregón da XLIII Feira do Viño a cargo de “D. Roberto Vilar”.
13:30h. Entrega de premios da XLIII Feira do Viño de Chantada.
16:30h. Charanga “NBA”, Charanga “Bandiños Band”.
21:00h. Orquesta Saudade.
Peche de stands: 00:30 h.

Obradoiros e ludoteca infantil
a cargo de Veláisca (para maiores de 3 anos) – Casa da Música
Sábado: de 12:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.
VI Túnel do Viño de Chantada (para profesionais do sector)
Sala principal do Auditorio Municipal – Entrada: 10,00 €
Sábado: de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 20:00 h.
Domingo: de 12:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 20:00 h.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego