Chamamento a ampliar a presenza das linguas oficiais en todos os ámbitos

A Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en materia de Política Lingüística reuniuse en Santiago, no Pazo de San Roque, co secretario xeral de Lingua da Xunta de anfitrión. Na reunión participaron os gobernos de Galicia, Euskadi, Catalunya, Navarra, Illes Balears e Comunitat Valenciana. Todos coincidiron na necesidade de dar pasos para que todas as linguas oficiais do Estado español sexan máis atractivas para a mocidade e estean presentes en todos os ámbitos nos que aínda non o están.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego