Centos de prospotas da Mesa para agasallar en galego este Nadal, entre elas: Agasalla Nós Televisión

Libros, discos, cadernos e elementos decorativos, xogos, instrumentos musicais, roupa, complementos, prantas, enerxía, servizos profesionais, experiencias, alimentos… A Mesa pola Normalización da Lingüística distribuirá de xeito gratuíto esta fin de semana no Culturgal, en Pontevedra, un extenso catálogo con centos de propostas de compras e agasallos de Nadal. “Consideramos importante recoñecer as empresas que empregan con normalidade o galego no ámbito socioeconómico”, afirma o presidente da Mesa, Marcos Maceira, e recorda que “coa decisión de facermos presentes en galego como consumidoras e consumidores estamos a pór en valor a nosa lingua, a nosa cultura e tamén a nosa economía”.
Este catálogo forma parte do proxecto Abertos ao Galego, que certifica o compromiso coa normalización da nosa lingua de empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole. Desde o cumprimento da lexislación lingüística e o estabelecemento de medidas concretas para o uso do galego,  até o uso sistemático do galego tanto interna como externamente e a solicitude de información e documentación en galego a provedores e administracións, Abertos ao Galego acompaña e apoia aquelas entidades que apostan dun xeito consciente pola lingua propia amosándolle á cidadanía os seus esforzos e animando os consumidores e consumidoras a apoialas, escollendo os seus produtos ou servizos.
Entre as propostas que se inclúen no catálogo de Nadal da Mesa, está tamén Agasalla Nós Televisión. Desde esta casa, animamos a asociarse a Nós Televisión ou agasallar unha subscrición este Nadal por 60 euros ao ano. Axudarás a que Galiza siga tendo unha televisión de calidade, divulgativa, comprometida coa lingua e coa cultura. Así mesmo, Nós Televisión realiza descontos especiais do 20% en publicidade na web, televisión e redes sociais para todas as empresas ou iniciativas adheridas a Abertos ao Galego. Para calquera cuestión relacionada, podes consultarnos en publicidade@nostelevision.gal ou no teléfono 666 36 88 83. Nós Televisión somos o medio de comunicación privado galego con máis persoas seguindo a súa canle de youtube e presente nas catro provincias no 119 de R. Unha boa opción para agasallar a alguén este Nadal!

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego