Castelao, unha das figuras centrais do Viñetas desde o Atlántico 2025

O festival de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico 2025 celebrarase do 11 ao 17 de agosto, durante as Festas de María Pita. O Goberno de Inés Rey traballa xa na confección dos diferentes eventos deste certame, que ano tras ano atrae á cidade ás mellores editoriais e autores do mundo do cómic.

Viñetas desde o Atlántico está organizado polo Concello da Coruña e conta co autor e editor Manel Cráneo como director. O certame estará presente na vindeira edición do Salón Internacional do Cómic de Barcelona, que se celebrará os días 4, 5 e 6 de abril. Alí presentarase o cartel desta edición, que estará deseñado por un autor tamén será desvelado nesas datas.

Este ano, para conmemorar o 75 aniversario do seu falecemento, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao será unha das figuras centrais desta edición, incluíndo a súa presenza no cartel. “A figura de Castelao transcende en moitos sentidos a literatura e a política galega, deixándonos unha forte impronta cos seus debuxos e gravados, que recuperaremos esta edición cunha programación especial coma homenaxe”, indicou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego