Castelao en Lugo (Cap.3) Solidariedade Galeguista

Terceiro capítulo da serie CASTELAO EN LUGO, unha produción realizada por Nós Televisión, un espazo de difusión da relación de Castelao coa provincia de Lugo financiado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Este terceiro capítulo sitúanos en 1932 na homenaxe que recibiu Castelao en Lugo, previa parada na parroquia de Nadela, cando un grupo de galeguistas lle preparou unha homenaxe de solidariedade, de reparación, logo de que o noso artista e político recibira unha duracrítica desde o xornal El Imparcial de Madrid.

Tanto este capítulo como toda a serie está presentada pola actriz lucense Carmen Méndez, que percorre os diferentes lugares da provincia que foron significativos na vida de Castelao, e conta coa participación de persoas expertas na figura, obra e política de Castelao como son Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao; Pilar García Negro, escritora e profesora universitaria; Carmen Blanco García, escritora e profesora universitaria; Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, historiador e profesor universitario; Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega; e Manuel Rei Romeu, escritor e investigador.

Este terceiro capítulo continúa a difusión iniciada no 1º episodio, centrado na I Asemblea Nacionalista, celebrada en Lugo en 1918, e no 2º episodio sobre a IV Asemblea Nacionalista celebrada en Monforte en 1922. Seguiranlle un cuarto e último episodio sobre a participación de Castelao en 1936 nos actos a favor do Estatuto galego, con especial parada nun mitin multitudinario que ofreceu en Chantada.

Agradecemento especial a Sacauntos Cooperativa Gráfica Galega, polas impresións realizadas para poder utilizar nas gravacións da serie.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego