Estreamos o último capítulo da serie ‘Castelao en Lugo’

Coincindo coa celebración do Ano Castelao neste 2025, Nós Televisión estrea a serie CASTELAO EN LUGO, unha produción de 4 vídeos, realizada pola propia Nós Televisión, un espazo de difusión da relación de Castelao coa provincia de Lugo financiado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Neste cuarto e último capítulo abordamos a participación de Castelao en 1936 nos actos a favor do Estatuto galego, con especial parada nun mitin multitudinario que ofreceu en Chantada.

A serie está presentada pola actriz lucense Carmen Méndez, que percorre os diferentes lugares da provincia que foron significativos na vida de Castelao, e conta coa participación de persoas expertas na figura, obra e política de Castelao como son Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao; Pilar García Negro, escritora e profesora universitaria; Carmen Blanco García, escritora e profesora universitaria; Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, historiador e profesor universitario; Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega; e Manuel Rei Romeu, escritor e investigador.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego