Celebramos neste 2025 o Ano Castelao, coincidindo co 75 aniversario do seu falecemento, e aproveitamos para conversar sobre a súa arte: unha arte que sempre foi política, que sempre estivo apegada ao que pasaba ao seu redor, que permitiu que a súa mensaxe chegara a moita máis xente do que podía chegar un texto.
Falamos coa investigadora e historiadora da arte Iria-Friné Rivera Vázquez sobre as influenzas de Castelao, sobre o seu humor, os seus deseños, as súas ideas, e o contexto da época.
Conversa completa dispoñible no youtube a partir deste sábado a mediodía.



