Casal Lodeiro: “Ou nos obsesionamos por manter crecendo algo finito ou pensamos nunha reorganización da sociedade”

Conversamos co autor decrecentista e coordinador do Instituto Resiliencia

O futuro de Alcoa e as electrointensivas, a produción enerxética en Galiza, o extractivismo nos países do sur… Afondamos nestes temas con Manuel Casal Lodeiro.

- Publicidade -

A propósito da incerteza en torno Alcoa, o autor decrecentista explica que nos atopamos precisamente cun dos debates que o decrecemento quere poñer sobre a mesa: “Ou nos obsesionamos por manter crecendo algo finito ou pensamos nunha reorganización da sociedade”.  Lodeiro ten claro que “os nosos fillos non van vivir de Alcoa, iso sabémolo. Imos ter o valor de pensar alternativas?” . Sobre a discusión política ao respecto, sostén que “os partidos de esquerdas non se atreven a saír do guión do produtivismo e o crecemento económico”, mais advirte que xa hai certas diverxencias, sobre todo en Francia.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego