O cartel completo da Candeloria 2024 xa é público

A organización do festival lucense A Candeloria anunciou nas súas redes sociais esta semana o cartel completo da súa décima edición. A banda da Comunidade Valenciana Zoo, que ven de anunciar a súa despedida dos escenarios, e a basca Soziedad Alkohólika encabezan a oferta do festival que se celebrará os vindeiros días 1 e 2 de marzo en Lugo. Entre outras súmanse a estas bandas Rebeliom do Inframundo, Los Chikos del Maíz, Talco, Familia Camagno, Talco, Tribade, Mafalda -outro grupo que se despide- ou Arrhythmia.

Este festival, que neste ano 2024 celebra dez anos de vida, conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. As entradas están á venda na web do festival

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego