A secretaria xeral de Podemos Galicia e vicevoceira de En Marea no Parlamento, Carmen Santos, xustifica a ausencia da súa formación na asemblea de En Marea alegando que esta é simplemente unha “coalición electoral”, xa que cada partido conta coa súa “identidade propia”. Tal e como anunciara o secretario estatal do partido, Pablo Iglesias, Podemos consultará ás súas bases se deberá aparecer a súa “marca” nas papeletas de cada cidade nos vindeiros comicios. Esta medida, non obstante, “non afectaría ás marcas consolidadas coma Compostela Aberta ou Marea Atlántica”.
Con todo, Santos cre que isto non suporá un impedimento para lograr a reedición das candidaturas que conquistaron os concellos de Compostela, Ferrol ou A Coruña. A líder da formación morada pide que se “respecte” a “identidade de Podemos” para negociar as posíbeis coalicións de “unidade popular”.