O mércores 24 de xaneiro, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, Carlos Taibo apresentará o seu novo libro, O nosso Porto, um olhar a partir da Galiza. O acto dará comezo ás 19 horas e contará coa presenza de Valentim Fagim.
Editado por Através, trátase dun libro no que o intelectual revela a súa especial querenza pola cidade portuguesa, un espazo que é, nas súas palabras, “por moitos motivos, galego”. Nas páxinas desta obra analízanse, entre outros elementos, o desenvolvemento urbano da cidade, o património religioso e civil, o peso do rio e do mar ou a “inquietante” turistificación actual.