Carlos Quiroga, autor destacado neste mes de novembro pola AELG

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) destaca este mes de novembro ao autor Carlos Quiroga, escritor e lingüista galego nado no Saviñao.

Doutor en Filoloxía Galego-portuguesa, Quiroga foi bolseiro de investigación da Fundação Calouste Gulbenkian (1991-1992), do actual Instituto Camões (1992-1993), e da Universittà Italiana per Stranieri (1983). Antes de traballar na Universidade de Santiago de Compostela, onde é profesor de literaturas lusófonas, foi o primeiro docente de portugués nunha Escola Oficial de Idiomas de Galiza.

Fundou e dirixiu a revista O Mono da Tinta, de 1987 a 1991. Durante varios anos foi director da revista de ciencias sociais e humanidades Agália. Foi un dos fundadores do proxecto editorial Letras de Cal. O Diário de Notícias portugués incluíu o seu libro Inxalá nunha colección de clásicos literarios universais. Ademais de profesor na USC, é membro da dirección da Asociación de Escritores en Lingua Galega e tamén da Associaçom Galega da Língua.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego