Carlos Callón presenta este venres en Compostela ‘O libro negro da lingua galega’

Este venres, 10 de xuño, Carlos Callón presentará a súa nova obra ‘O libro negro da lingua galega‘ ás 11.30 horas na Libraría Couceiro de Compostela. A obra, editada por Xerais, recolle testemuños da represión lingüística en Galiza ao longo dos séculos: dende a crueldade dos castigos nas escolas, a profanación da lápida de Alexandre Bóveda para que lle castelanizasen o nome ou mesmo unha negativa do Consejo de Castilla a autorizar un libro en galego en 1616.

Na presentación intervirán, xunto ao autor, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira; a presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación, Iria Taibo, e o director de Xerais, Fran Alonso.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego