Carlos Callón: “O portugués nace nunha entidade política chamada Reino de Galiza”

“A inmensa maioría da nosa poboación, fale galego ou español, ama o galego”, sostén Carlos Callón licenciado nas filoloxías galega, portuguesa e románica pola Universidade de Compostela.

A partir de 1995, ocupa varias responsabilidades dentro da Mesa pola Normalización Lingüística que chega a presidir desde 2002 a 2014.

Carlos Callón destaca tamén polo seu traballo como investigador con obras como ‘O libro negro da lingua galega’.

O filólogo e investigador denuncia que “desde o XVI ata o XX, sempre houbo unha nena ou neno de xeonllos por falar galego na escola” ao tempo que reflexiona sobre as políticas lingüísticas afirmando que “os gobernos galego e español teñen discursos diferentes sobre a lingua pero a práctica é a mesma”.

O libro ‘Amigos e sodomitas. A configuración da homosexualidade na Idade Media’ ou mesmo un dos seus últimos libros ‘Vidas e historias LGBT na Idade Media’. Logo das súas pescudas, sostén que “a metade dos textos sobre lesbianismo publicados en linguas romances en Europa están en galego”.

Sentamos a falar con el sobre as súas pescudas e experiencias na Facultade de Filoloxía de Santiago.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego