A 6ª edición de SiSons, encontro profesional de música e cultura en Galicia, celebrarase do 14 ao 17 de Outubro en Compostela. O evento organizado por MusicArte e a Asociación Cultural Tres por Cuatro, conta co respaldo da Deputación da Coruña, Concello de Santiago, Xunta de Galicia e Upbeat Platform (Plataforma Europea de Músicas do Mundo).
O festival é unha mestura de música en directo, charlas profesionais, showcases e networkings para consolidar o sector musical, tanto galego como internacional. Os encontros de profesionais representan unha oportunidade para coñecer e apoiar as novas propostas do panorama musical actual, e abrir novas vías de colaboración.
Este ano como novidade, contarán cun Speed Meetings con programadores profesionais, tanto de entidades públicas como privadas, como Rubén Coca, Nieves Lema, Luz Mery Barral ou Jose Quintana.
As charlas profesionais están enfocadas aos seguintes temas: “A realidade actual da música”, “Panorama musical en Galicia” e “Estatuto do artista”, coa presencia de Juan Carlos Fernández Fasero, Miguel Diéguez Díaz, Nonito Pereira Rey ou Guillém Arnedo Gaute.
O evento conta con diferentes localizacións en espazos emblemáticos de Santiago como a sala Riquela, Capitol ou Borriquita de Belén, así como tamén no Secretaría Xeral da Lingua, a Sociedad General de Autores e Editores (SGAE) ou a Sede Afundación.
Este ano traerán a artistas coma Carlangas, XianPais, Xmaseda65, Erin Comando Katana, Nebra, Jaunx, Xa´lum, Cecilia Burillo ou Law, os extremeño Ismael González e Lero, ou a catalanocamerunesa Brisa Nunjo, ademáis dos grupos Popper Ladies, Breo, Susto que Flipas ou Candy for Aliens.
As actuacións son gratuítas, agás as do venres 16 na sala Capitol.



