Comeza a conta atrás para saber que canles levarán este ano os Premios Youtubeiras. O proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de doce concellos, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña co obxectivo de fomentar a creación en galego no Youtube con temáticas e formatos diversos, así como de promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, celebrará este sábado ás 20.00 horas no Pazo da Cultura de Carballo a gala de entrega dos Premios Youtubeiras 2022.
“Para Carballo é unha gran satisfacción celebrar esta gala, xa que os Premios Youtubeiras son unha iniciativa que fomenta o uso da nosa lingua nunha xanela fundamental para comunicarnos, para mirarnos e para mirar o futuro: a creación de contidos na Rede”, sinalou Marcos Trigo, concelleiro de Cultura e Deportes de Carballo, nunha rolda de prensa na que tamén participaron Carme Pereiro, coordinadora do Proxecto Youtubeiras; Cristina Collazo, guionista e presentadora da gala, e Mario Brión (Olaxonmario), gañador do Premio Youtubeira/o en 2021 e membro do xurado.
Un total de 22 propostas finalistas aspiran a gañar este concurso nalgunha das súas oito categorías: canle, youtubeira/o, youtubeira/o revelación, vídeo, calidade lingüística, pioneiro, rede e o premio do público. O certame repartirá 7500 euros en premios entre as persoas gañadoras, que tamén recibirán un diploma acreditativo e unha medalla simbólica deseñada para a ocasión por Nahuel Pérez. Lembramos as finalistas por categorías:
1. PREMIO CANLE
Toxío: https://www.youtube.com/@toxio
Tonio Cociña Galega: https://www.youtube.com/@TonioCocinaGalega
Fica Coa Bola: https://www.youtube.com/@ficacoabola
2. PREMIO YOUTUBEIRA
Anxo Sánchez: https://www.youtube.com/@AnxoSanchez
Neeumátiko: https://www.youtube.com/c/neeumatiko
La Bisonte: https://www.youtube.com/@LaBisonte
3. PREMIO VÍDEO
‘A Moura’, da canle Contos de Santalla:
‘Bury your gays (Enterra aos teus homosexuais)’, de Henfunk Studio
‘Eduardita’, de Piratas sen parche
4.YOUTUBEIRA/O REVELACIÓN
Marcos Borragueros: https://www.youtube.com/@marcosborrageros
Histérikas Histórikas: https://www.youtube.com/@histerikashistorikas8593
Falemos do Reino de Galicia: https://www.youtube.com/@falemosdoreinodegalicia
5. PREMIO CALIDADE LINGÜÍSTICA
Media Laranxa: https://www.youtube.com/@medialaranxa8828
Falemos do Reino de Galicia: https://www.youtube.com/@falemosdoreinodegalicia
Webserie Cóntallo a Cambados:
https://www.youtube.com/@webseriecontalloacambados5419
6. PREMIO PIONEIRO
Noticia dispersas: https://www.youtube.com/@NoticiasDispersas
Gallifrey Ceive: https://www.youtube.com/@gallifreyceive
Pingado – Laura Veiga: https://www.youtube.com/@pingando_gal
7 PREMIO REDES:
Proxecto R.E.D.E.S. https://www.youtube.com/@proxectoredes
A Lobeira Today: https://www.youtube.com/@aLobeiratoday
Exército Mekemeke: https://www.youtube.com/@exercitomekemeke
8. PREMIO DO PÚBLICO
‘Bembibre coas Tanxugueiras’, de Xabi Gómez e Sara:
‘Mitos e ritos do tempo de Defuntos. Conversa con Lidia Mariño’, de Orgullo Galego:
‘Eduardita’, de Piratas sen parche