A equipa de Nós Televisión traevos unha nova listaxe coas cinco mellores reportaxes sobre obras e figuras emblemáticas da cultura galega. Para iso, viaxamos polo territorio galego e facemos a primeira parada no Concello da Estrada.
1 – Avelina Valladares
Quen sabe moito de percorrer o territorio galego é Domingo Fontán, un home poliédrico que marcou varias xeracións. Un intelectual ao que moito lle debemos non só na nosa cultura senón tamén dentro da ciencia galega.
2 – Domingo Fontán
Os camiños que leva percorrido a nosa lingua son complexos e, ás veces, pouco visibilizados. Unha das obras máis importantes do século XIII en Occidente está en galego. As razóns teñen máis que ver con estratexas políticos que co amor pola lingua…
3 – As Cantigas de Santa María e Alfonso X
A día de hoxe, e con moitas trabas no camiño, o galego fai forza para expandirse entre a poboación, en especial entre a xente moza. Unha das figuras que está conseguindo chegar ás persoas máis novas é Xela Arias, a quen se homenaxeou neste 2021 coas Letras Galegas.
4 – Xela Arias
E, coma non, neste ano 2021, cúmprense 60 anos da publicación do betseller galego. Trátase dunha obra fundamental para entender non só a nosa literatura senón tamén a historia do noso pobo.
5 – Memorias dun neno labrego
Gocen e espallen mundo adiante as reportaxes de Nós Televisión e, sobre todo, a nosa cultura!