Canto sabemos da nosa toponimia? Tres pezas de Nós Televisión que che aclararán a perspectiva!

Como nomeamos os espazos que nos rodean? Que utilidade teñen? Que consecuencias ten para unha comunidade o esquecemento destas nomenclaturas? Nesta reportaxe, afondamos sobre as características da nosa toponimia e microtoponimia.

Imos ata a cidade da Coruña para descubrir o papel da topinimia nun ámbito local e urbano. O desexo de nomear persoeiros ilustres está roubando as palabras que o pobo lle designou aos lugares?

É frecuente que á hora de abordar a toponimia teñamos dúbidas con respecto á colocación ou non do artigo. Por isto, Eduardo Maragoto aborda o tema no seguinte programa de Galego de todo o mundo.

Queres saber máis sobre a toponimia? Escríbenos a través das redes sociais!

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego