Home Espazo Aberto Lingua Cantigas de Santa María, por que en galego?

Cantigas de Santa María, por que en galego?

0
Cantigas de Santa María, por que en galego?

Dende os séculos XII ao XV, o galego converteuse na lingua por excelencia da lírica da Península Ibérica. Unha das xoias literarias, musicais e pictóricas daquel entón, do século XIII, son as Cantigas de Santa María. A corte de Afonso X escribiu as Cantigas de Santa María en galego para avalar a súa candidatura como emperador ante o Papa. Mais por que en galego? Que importante papel xogaba a nosa lingua en semellante operación estratéxica do monarca?