#UniversoGalaxia

Canta, miña rula, canta
C

Antonio García Teijeiro Xan López Domínguez

Dous grandes artistas, un da palabra e outro da ilustración

xúntanse para facer este delicado libro, poeticamente cheo de luz e de música. Sons que inspiran o poeta. Versos que inspiran o artista. A voz poética, que tan ben coñecemos, de Antonio García Teijero estoura ata o infinito nunha incrible sinfonía de cores como nunca antes se viu.

Mercar libro

#UniversoGalaxia

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas.