Camilo Franco, autor destacado neste mes de xullo pola AELG

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega designou como autor destacado deste mes de xullo de 2021 a Camilo Franco. Este escritor, crítico teatral e xornalista galego nado en Ourense tamén ten colaborado con numerosos medios de comunicación, entre eles La Voz de Galicia e a Radio Galega.


Vídeo da AELG

Entre as súas obras, podemos atopar: ‘A lúa no cénit e outros textos’, ‘En malos pasos’, ‘Por conto alleo’, ‘Palabras contadas’ e ‘Balada triste de moqueta’ na narrativa.’Ribadavia’, ‘Crítica e autores: artigos e entrevistas publicados en La Voz de Galicia’e ‘Dez obras na vida de Roberto Vidal Bolaño’ no ensaio. E, participou en obras colectivas, ‘Narradores de cine’, ‘Unha liña no ceo’, ‘Alguén agarda que volva alí’, ‘Alma de beiramar’, ‘Narradio: 56 historias no ar’, ‘Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade’ e ‘Níxer’.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego