Día a día, a equipa de Nós Televisión prepara traballa a prol da mellora do audiovisual galego achegándovos propostas de calidade na fin de semana. Aquí van as estreas desta fin de semana:
Sábado ás 12 horas. Víctor Moscoso: deseño gráfico, sexo, drogas e rock&roll!
O rostro da psicodelia dos anos sesenta foi pintado por un galego. Tratábase dunha época de axitación e mudanzas nos Estados Unidos na que cobraba forza a contracultura, un movemento que foi crecendo ao carón da loita polos dereitos civís, as protestas contra a guerra en Vietnam, a busca de modelos de vida alén do capitalismo, unha crecente industria das drogas recreativas e unha mocidade activa.
Dentro dese movemento da contracultura figura un dos deseñadores máis influíntes do século XX, un creador que fuxiu de Galicia cando era neno tralo golpe militar fascista do 36. El é Víctor Moscoso.
Ata outubro de 2021, a cidade da Coruña acolle a primeira exposición que se realiza en Europa sobre a figura de Moscoso. Achégamonos á exposición, á psicodelia, á contracultura, á Víctor Moscoso xunto ao sexo, ás drogas e moito rock&roll. Benvidas e benvidos á psicodelia de Moscoso!
Sábado ás 21 horas. Saúde e Terra, Ledicia Costas! [22]
Ledicia Costas Álvarez é unha escritora galega. Gañou o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015, pola súa obra Escarlatina, a cociñeira defunta. É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, dedicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. En 2020 recibiu o Premio da Cultura Galega.
Domingo ás 21 horas. Espazo Aberto [39] con novas seccións
Neste novo programa de Espazo Aberto, estrearemos unha nova sección sobre a actualidade musical galega traendo algúns dos últimos traballos publicados. Tamén contaremos co espazo youtubeiro, a reflexión cultural e unha reportaxe realizada pola equipa de Nós Televisión. O programa, que poderedes ver a través do 119 de R, estará en aberto na páxina web a partir do martes.