Buscando a Dalia
B

Miguel Anxo Fernández

Un novo caso de FRANK SOUTELO

Hai un cadáver cun versículo na boca e aparencia de crime ritual. Nese macabro contexto desaparece a investigadora Dalia Maxino cando traballa no caso, e Frank Soutelo pasa á acción coa axuda do sarxento da policía municipal, Franeiras, e o antigo garda civil, Poncio. Todo se complica coa aparición doutro cadáver e a sospeita de que Dalia non sexa a única muller desaparecida. A posibilidade dun asasino en serie, na contorna dunha vila con segredos e misterios inconfesables e un ambiente contaxiado pola intolerancia social, complícase con escuros intereses inmobiliarios e o comercio clandestino de moedas históricas.Tirando de prosa áxil, diálogos enxeñosos e ritmo de cine, Miguel Anxo Fernández confirma a Soutelo, coa súa oitava entrega, como un dos detectives máis sobranceiros do panorama literario galego.

Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'