O Cineclube Padre Feijóo de Ourense proxectará este xoves, 22 de maio, ás 20.30 horas no Café Cultura Auriense o documental BRAVÚ XXX contando coa presenza do conductor do filme, e emblema do bravú, Xurxo Souto. A proxección forma parte do ciclo Primavera Musical 2025 que organiza o Cineclube.
BRAVÚ XXX
Nesta road trip musical participan emblemas da música galega, como María Xosé Silvar ou Nuno Pico, Paola das Garotas da Ribeira, Xosé Manuel Pereiro ou Os Vacalouras, así como as figuras que participaron da fundación do bravú: Rafa, do Caimán do Río Tea, Richi dos Rastreros, Antón dos Papaqueixos ou Benxa dos Impresentables.




