BRAVÚ XXX proxectarase este sábado no Churrasconcerto de Couso

A sétima edición do Churrasconcerto, organizado pola Asociación A Xesteira de Couso, celebrarase este sábado, 10 de maio, no campo da festa de Couso. Ás oito da tarde proxectarase o documental realizado por Nós Televisión BRAVÚ XXX para comezar logo, ás 21 horas, coa degustación do porco asado.

Máis tarde, ás 22.30 horas, será a quenda dos concertos con High Paw, Gran Bazar e Noxo.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego