BRAVÚ XXX é un filme documental realizado por Nós Televisión, no que Xurxo Souto invoca o cosmos bravú trinta anos despois do nacemento deste movemento.
O documental vén de dar unha xira polo país adiante grazas ao apoio institucional do Concello de Chantada, do Concello de Pontevedra, da Deputación da Coruña, do Concello da Coruña, do Concello de Santiago e do Concello de Carballo. Agora, BRAVÚ XXX chega en aberto a Nós Televisión: poderás velo a partir deste mércores ás 21 horas.
BRAVÚ XXX
O grupo musical Rager (Proxecto Xeración Sónica)de Pontevedra; Paola Beiro das Garotas da Ribeira; Nuno Pico, de Grande Amore; Xosé Manuel Pereiro, aliás Johnny Rotring en Radio Océano; María Xosé Silvar, Sés; Os Vacalouras… son algunhas das artistas que conforman este filme documental de Nós Televisión que viaxa a través do tempo, da historia e do país ata chegar á aldea de Viana, en Chantada, onde naceu o concepto do bravú.
Esta viaxe, conducida por Xurxo Souto, levaranos a coñecer a Richi dos Rastreros, Antón dos Papaqueixos, Rafa do Caimán do Río Tea e Benxa dos Impresentables, tamén cofundadores dun movemento que o revolucionou todo. O documental tamén poderá verse, a partir do día 11 de decembro, na plataforma de Movistar Plus+ para todo o Estado español e no 119 de R.
O filme foi realizado co apoio institucional do Concello de Chantada, do Concello de Pontevedra, da Deputación da Coruña, do Concello da Coruña, do Concello de Santiago e do Concello de Carballo.
Ficha técnica
Ficha técnica: Filme documental. 50 minutos. Presentacións: Xurxo Souto. Produción executiva: Rosabel Candal, Diego Frey. Guión: Xurxo Souto, Ana Viqueira. Produción: Ana Viqueira, Rosabel Candal, Xurxo Souto. Dirección: Ana Viqueira, Diego Frey, Martín Rodríguez, Roi Barros. Realización e montaxe: Martín Rodríguez, Diego Frey. Fotografía: Pio Cribeiro, Roi Barros, Martín Rodríguez, Pablo Kaufmann. Dron: Pio Cribeiro. Son directo e posprodución de audio: Eloy Táboas (TapeSons). Voz en off: Ana Lemos. Animación e creatividades: Roi Barros.