BRAVÚ XXX, este luns no Fórum Metropolitano da Coruña

O Fórum Metropolitano da Coruña acollerá este luns, 5 de maio, ás 19.30 hora a proxección do filme documental e musical BRAVÚ XXX, realizado por Nós Televisión e conducido por Xurxo Souto.

BRAVÚ XXX

Nesta road trip musical participan emblemas da música galega, como María Xosé Silvar ou Nuno Pico, Paola das Garotas da Ribeira, Xosé Manuel Pereiro ou Os Vacalouras, así como as figuras que participaron da fundación do bravú: Rafa, do Caimán do Río Tea, Richi dos Rastreros, Antón dos Papaqueixos ou Benxa dos Impresentables.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego