Elos é un programa do Departamento de Lingua do Concello de Santiago co que busca facilitar o contacto entre persoas que desexan aprender e practicar o galego e persoas que voluntariamente queiran colaborar con elas. O programa xa ten a inscripción aberta e non hai data prevista de peche xa que se irá atendendo a demanda segundo vaia xurdindo.
A través de ELOS tamén se pode participar de balde en actividades complementarias, como visitas a museos e rutas guiadas por Compostela, coas que afondar no coñecemento da cidade e de Galicia.
Para participar no programa só é necesario cubrir a inscrición na páxina delingua.santiagodecompostela.gal. Hai dous modelos: persoas que queren aprender, e persoas que falan galego e queren colaborar. Coas persoas inscritas, e tendo en conta a dispoñibilidade de cada unha, formaránse as parellas. O primeiro encontro será coa mediación dunha persoa coordinadora e preferentemente presencial.