A Concelleira de Turismo, Marta Lois, presentou esta mañá en rolda de prensa á nova xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil. Na comparecencia déronse a coñecer os datos de visitas ao noso municipio correspondentes ao primeiro semestre e avanzáronse as previsións para o resto do ano.