Levan xa 19 discos, desde que arrincaron alá por 1986. Luar na Lubre presenta este 26 de xuño o seu novo disco: ‘Vieiras e vieiros, historias de peregrinos’. Unha viaxe musical ao redor do camiño de Santiago, das súas lendas e dos seus sons. O fundador da banda, Bieito Romero, visitounos para afondar neste novo traballo e falar da situación da música galega. Aquí a entrevista:
Bieito Romero presenta no noso plató ‘Vieiras e vieiros’, o novo disco de Luar na Lubre
Unha viaxe en torno ao camiño con cancións en galego, inglés, francés e latín.