“Cando unha escribe un libro, sempre intenta traballar coas palabras como se estas fosen novas“, sostén a poeta e novelista Berta Dávila ante as cámaras de Nós Televisión. As súas obras, como ‘O derradeiro libro de Emma Olsen’, ‘Raíz da fenda’, ‘Carrusel’ ou ‘Illa Decepción’, colócana como unha das imprescindibles da literatura galega.
No último ano, Dávila suma a galardóns como o Premio de Novela Manuel García Barros ou o Premio Repsol de Narrativa Breve, o Premio Xerais de Novela por ‘Os Seres Queridos’ e o Premio Jules Verne de Literatura Infantil ‘Un elefante na sala de estar’ que veñen de seren publicados pola editorial Xerais. Conversamos con ela sobre estas dúas últimas obras.