Dentro das reflexións sobre a situación do galego, dos consensos e mesmo dentro da execución de políticas lingüísticas atopamos cun papel importante aos medios de comunicación. Tanto a prensa escrita, como a televisión, a radio e os medios dixitais funcionan como axentes normalizadores da lingua. Razóns polas que decidimos falar coa decana do Colexio de Xornalistas. Preguntámoslle a Belén Regueira pola lingua e os medios galegos.