As VI Xornadas de Tratamento educativo da diversidade afectivo-sexual e de xénero nas aulas, organizadas pola Asociación Nós Mesmas, chegarán este sábado a Vigo, á Asociación de Veciños de Navia – Emilio Crespo.
O foco destas xornadas centrarase nas experiencias e prácticas educativas que se están a desenvolver en diferentes centros educativos co obxectivo de formar á comunidade educativa de forma preferente, mais con interese para futuros profesionais da educación xunto aquelas persoas motivadas en adquirir formación para introducir a diversidade afectiva, sexual, de xénero e familiar na súa labor con menores e mocidade para a inclusión da diversidade e a prevención da discriminación por LGTBIfobia. Deste xeito, o programa será o seguinte:
09:30h. Apertura acreditacións.
10:00h. Apertura das xornadas.
10: 05h. Roberta Mattia, De 2009 a 2022, a aposta de Nós Mesmas pola diversidade nas aulas
10:30h. Beatriz Súarez Briones, Afondamos na Teoría Queer.
11:30h. Alejandro Alder, Consecuencias do bullying lgtbifobico para a mocidade
12:30h. Pausa Café.
13:00h. Lara Boubeta, Traballamos a diversidade desde primaria.
16:00h. María Rodriguez, Presentación Investigación Profesionais LGTBI no eido educativo da FELGTBI+
17:00h. Carla Miguez, Linguaxe inclusiva máis alá do desdobramento: como naturalizar a linguaxe non binaria nas aulas
18:00h. Pausa Café.
18:30h. David Armenteros e Nee Barros, Integramos a diversidade en Secundaria
20:00h. Actuación peche
Podes consultar máis información aquí.