A Editorial Galaxia publica o guión cinematográfico do filme Aura 1964, escrito por Ignacio Vilar e que aínda non foi estreado. A historia conta o paso á vida adulta dun grupo de rapaces nun internado relixioso. O protagonista, Siro, mergúllase na violenta e agresiva realidade adulta daquel tempo.
#UniversoGalaxia
Aura 1964A
#UniversoGalaxia
Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas.