Aumentar a pluralidade, o reto das televisións públicas

Un Simposio sobre os retos das televisións públicas europeas analiza na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC os principais retos destes medios

A Revista Latina de Comunicación Social e o Grupo de Investigación Novos Medios da USC promoven estes días en Compostela o I Simposio Internacional sobre Innovación en Comunicación e Retos da Televisión Pública Europea. A idea é actualizar o coñecemento ao redor destes medios logo da introducción das novas tecnoloxías no sector.

O caso concreto da TVG

Un dos organizadores, o profesor Miguel Tuñez explica que o traballo que están a desenvolver desde o Grupo de Investigación Novos Medios trata as televisións de referencia a nivel dos diferentes estados da Unión Europea. Aínda así opinou sobre a situación da TVG da que pediría máis pluralidade e presenza do colectivos que agora non a teñen.

Panorama internacional

Segundo Tuñez a televisión de referencia a nivel europeo segue a ser a británica BBC. As televisións públicas están estes días sendo protagonistas de numerosas queixas quer por parte dos seus traballadores e traballadoras quer por parte da propia audiencia.

O Simposio conta coa presenza, entre outros, do director do Center for Media, Data and Society da Central European University de Budapest, Marius Dragomir, será quen pronuncie a conferencia de apertura titulada ‘Lexitimidade e innovación no servizo audiovisual público en Europa’, e presentarase un monográfico da Revista Latina de Comunicación Social publicado en Cuadernos Artesanos de Latina.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego