Aumenta a mortaldade piscícola no Tambre

A Plataforma de Afectados polo vertedoiro de Santiago denuncia que, durante as últimas semanas, observan un incremento preocupante da mortaldade piscícola no rio

imaxe cedida

A Plataforma de Afectados Polo Vertedoiro de Santiago de Compostela-Miramontes vén de denunciar publicamente o “desastre ambiental” que se ven producindo no río Tambre durante as dúas últimas semanas.

Indignación e preocupación veciñal pola alta mortaldade de peixes con orixe aínda indeterminada.

Veciñas e veciños da zona veñen observando con frecuencia a aparición de grandes cantidades de peixes mortos (sobre todo escalos e troitas) no río Tambre ao seu paso por Ponte Albar. Ademais, denuncian, o río presenta unha tonalidade moi escura, con escuma e desprendía mal cheiro.  As primeiras investigacións sitúan a orixe do problema entre Chaian e a Ponte Albar.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
Imaxe cedida

Praia fluvial, pechada

Días despois tamén apareceron peixes mortos nas augas do Tambre ao seu paso pola praia fluvial, chegando a prohibir o baño en varias ocasións

A Plataforma vén de solicitar ás autoridades competentes unha investigación rápida e eficaz, pois, tal e como denuncian, estase causando un dano grave ao medio ambiente e expoñendo a un posible perigo a saúde das persoas.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -