Os mellores audiovisuais sobre lingua galega, en Nós Televisión

A oferta de novos contidos na nosa canle de YouTube aumenta. Ampliamos o noso catálogo con algúns dos mellores documentais ao redor da lingua, realizados na última década.

Decreto Filgueira, Pacto de irmãos e Entre Línguas, poden ser vistos agora na canle de Youtube de Nós Televisión. Deste xeito, medra a enorme oferta de contidos en galego e sobre o galego que fornece a única televisión privada na nosa lingua.

Galego de todo o mundo

O programa conducido por Eduardo Maragoto, presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL), continúa a ser un dos de maior éxito da nosa programación. O programa, cun enfoque didáctico, aproxima as temáticas lingüísticas galegas a persoas da comunidade lusófona e de Galiza.

Ademais dos contidos específicos sobre lingua galega, Nós Televisión continúa co foco posto sobre as nosas letras. A programas como Universo Galaxia, súmanse reportaxes en torno a personaxes da cultura galega, con especial atención nas mulleres e figuras máis invisibilizadas.

Vía Rosalía

En 2021 estreamos un novo formato, o Vía Rosalía, co obxectivo de achegar o legado rosaliano dun xeito vangardista e conectado coas xeracións máis novas. Nel, relevantes personalidades da cultura galega conversan sobre a importancia da obra da escritora nas súas biografías. O primeiro destes programas estivo protagonizado pola música María Xosé Silvar Sés e a poeta Luz Fandiño.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego