O histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras, nacido coa Frente Popular en 1936, faleceu hoxe na súa casa en Brión.
Pouco antes deste pasado verán, Beiras abriu as portas da súa casa na Reboraina de Aguiar para que Nós Televisión poidera gravar unha conversa entre el e o historiador Lourenzo Fernández Prieto. A idea era, ao fío da conmemoración neste 2026 do Ano Oteriano, falar de Otero Pedrayo, ao que el tratou, e tamén repasar a historia deste país nos últimos 90 anos a través da súa propia vida e experiencias e opinións como líder e referente indiscutible intelectual, político e economista.
O proxecto audiovisual non puido ser rematado, pero quedamos con varias horas de gravacións en vídeo, unha chea de boas conversas e o eterno recordo dunha persoa que tanto fixo.
Grazas por todo e até sempre, Beiras!
(Nas nosas redes sociais podes ver un anaquiño da conversa que gravamos)



