Ata que a morte nos separe
A

Elena Gallego Abad

Marta Vilas, redactora xefa do Xornal Galaico, recibe unha invitación para participar na viaxe inaugural do Xacobus, un cruceiro deseñado para proporcionar unha experiencia única aos pasaxeiros de alto nivel económico que buscan facer a ruta marítima do Camiño de Santiago sen renunciar a todo luxo de comodidades. Entre a selecta pasaxe, parten de Vigo unha parella multimillonaria en viaxe de noivos, unha youtubeira, un policía de incógnito e tamén Sombra Dixital, un pirata informático que pretende secuestrar o barco. Durante a axitada travesía desencadearanse intensos e misteriosos acontecementos que a xornalista e o policía intentarán esclarecer. Nun momento en que os grandes clásicos da literatura universal son obxecto de reescritura, Elena Gallego Abad atrévese a parodiar un título indispensable da literatura policial, Death on the Nile, de Agatha Christie, trasladando a trama á Galicia do século XXI e recuperando nesta novela a parella de investigadores Marta Vilas e Fernando Prieto para embarcalos nunha apaixonante aventura.

Mercar libro

#EspazoLiterario

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta intención, créanse en Nós Televisións os Espazos Literarios: 'Xerais, en singular', 'Ler na Baía' e 'Universo Galaxia'