Astronomía para toda a familia nun obradoiro organizado pola UVigo

Aprender a recoñecer as principais constelacións e a orientarse a través das estrelas son algúns dos coñecementos que se poderán adquirir no obradoiro de astronomía Astrofamilias: o planetario desde dentro, unha iniciativa posta en marcha pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo dentro do seu plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta, que conta co financiamento da Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades. Este obradoiro terá lugar o vindeiro martes 10 de outubro, a partir das 17.00 horas, no Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico (Avenida de Beiramar, 55) e será impartido por Adolfo García, capitán da Mariña Mercante e profesor de Navegación no mesmo instituto.

Un obradoiro para todas as idades

O obradoiro, de carácter dinámico e participativo, ten como finalidade achegar o mundo da astronomía dun xeito ameno e sinxelo á cidadanía e, en especial, a un público familiar. Ao longo da xornada tanto nenos e nenas como adultos e adultas aprenderán a entender o tamaño do Universo e a descubrir os segredos do sistema solar e tomarán conciencia de todos os problemas derivados da contaminación luminosa.

A participación será aberta ata completar as 40 prazas dispoñibles, pero será necesario inscribirse previamente e de xeito gratuíto a través desta ligazón antes do luns ás 17. O0 horas.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego