Así son as parellas lingüísticas para falar en galego do programa Elos

As parellas de intercambio lingüístico do programa Elos, impulsado polo Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago, achegan os seus primeiros resultados. “Hoxe María é unha das miñas mellores amigas e a través dela coñezo a moita xente de Galicia”, sostén Fabiana do Uruguai. Dende a outra beira, Bárbara, a parella lingüística de Urilo do Brasil, comenta que “fixemos un grupo de amigos de galegos e non galegos e estou aprendendo moito da cultura latinoamericana grazas a Urilo”.

O programa Elos, que arrancou no 2021, transcorre con éxito trazando pontes entre culturas e impulsando a fala galega entre as persoas que chegan do exterior de Galicia. Hai dous modelos: persoas que queren aprender, e persoas que falan galego e queren colaborar. Coas persoas inscritas, e tendo en conta a dispoñibilidade de cada unha, formaránse as parellas.

Para participar no programa só é necesario cubrir a inscrición na páxina delingua.santiagodecompostela.gal.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego