Así foron as actuacións dos grupos finalistas do Runas 2023 no Festival de Ortigueira

Guieldu, Alienda e Muro Kvartet subiron ao escenario do Festival Internacional de Ortigueira dentro da final do concurso Runas 2023 celebrada este luns co obxectivo de promocionar os novos valores da música Celta. Agora, o xurado terá que deliverar e previsiblemente nas vindeiras horas anunciarán o grupo gañador que volverá actuar no festival o ano que vén.

Actuacións

Guieldu, o grupo asturiano chegou a Ortigueira cun repertorio propio inspirado na sonoridade dos grupos e artistas da corrente folk da música celta dos oitenta e noventa.

Alienda, tamén desde Asturias, inundou o escenario cun estilo que denominan como “power folk”, unha mestura de música e instrumentos tradicionais asturianos con elementos doutros estilos.

Muro Kvartet, de Aragón, presentou unha proposta musical que conecta culturas, lugares e tradicións, como eles din “do mesmo xeito que as pedras dun muro enlazan ás xeracións do que foi e o que será”.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego