Así está sendo a XXV edición de Viñetas desde o Atlántico na Coruña

O 17 de agosto de 1998 arrancaba a I edición de Viñetas desde o Atlántico, 25 anos despois voltou facelo. O pasado luns, 8 de agosto, iniciábase a XXV edición dunha das citas do cómic máis prestixiosas de Europa que continuará ata o domingo, 14 de agosto.

Neste xoves será a quenda de escoitar a Fernando de Felipe, Emma Ríos e David Rubín tendo en conta que, se non podes asistir presencialmente, podes seguir online as palestras. E se perdeches algunha? Podes ver os vídeos no canal de YouTube.

As exposicións sitúanse no Quiosco Alfonso, Palexco, Sala de Exposicións do Pazo de María Pita,  o Aquarium Finisterrae e, desta volta, sumase a Torre de Hércules  que alberga unha exposición cos carteis das 25 edicións de Viñetas desde o Atlántico coa que o público poderá repasar a historia do tradicional evento.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego